CAST / GAL

O teu soño deixará de ser un soño
Charly Char, 32, A Capela

Carlos acababa de deixar o seu traballo nun banco para perseguir o seu soño de ser cociñeiro. Durante o seu primeiro dia no Restaurante Amorodo, había un crítico culinario moi famoso no restaurante, e quería sorprendelo. Preparou os seus mellores pratos, que lle saíron mellor que nunca, e foi moi nervioso levarllos. Xusto nese momento recibeu unha chamada, espertou, e deuse conta de que estaba inconsciente no chan da cociña da súa casa. Tras responder, e tras o susto, quitaronselle as ganas de cociñar nese momento, pero ampliaronselle as ganas de que o seu soño deixase de ser un soño.
Compartir: