CAST / GAL

A máquina do tempo
Roisinho, 27, A Coruña

Carmen volvía do campo coas ovellas cando atopou á súa nai na porta da corte. A nena abrazouna e inspirou profundamente o seu cheiro. Cheiraba á manzanilla da horta e ao marmelo caseiro que levaba toda a tarde cociñando. A súa nai acariñoulle o cabelo e bicoulle a testa.

Carmen espertou no cuarto da residencia. Non lembraba aos seus fillos, nin ao seu marido, ni tan sequera o seu propio nome. Pero todas as noites, con 102 anos, lembraba o cheiro de mamá en 1930, para amencer cun bico na fronte.
Compartir: