CAST / GAL

Bágoas salgadas
Pomba, 30, Santiago de Compostela

Contáronme que te engaiolaches nas pernas dunha serea, torrácheste na troula de burbullas. Fuches buxaina sen cordel, díxomo unha buguina.
Pregarias á Virxe do Carme para que te retorne. Quero que volvas pasear entre dedaleiras, grilos e bubelas coa túa filla.
Soño con volver estarricarme coas túas cóxegas mentres bailan as nosas gargalladas entre rosquillas de anís.
Soprando as candeas da torta de aniversario só desexei que resucitara o Villa de Pitanxo. Non quero máis cubilladas, cóntamo ti coma un libro aberto.
Compartir: