CAST / GAL

Ollos de neno
Begoña Duro, 53, A Coruña

O día que o levei por primeira vez ao Gadis quedou abraiado da cantidade de cousas que alí había.
Tremeu un pouquiño coa cara fea do rape, pero lle dixen que era o peixe co prebe laranxa que comía na casa, entón xa se arrimou un pouco mais.
Cando viu a chea de queixos na charcutería, entre os que estaban os que el merendaba, case lle saen os ollos.
E fíxoselle a boca auga ao veres o raxo na bandexa da carnicería, imaxinándoo co seu pementiño, as patacas fritidas e mollando o pan no aceite.
Foi un acerto levalo.
Compartir: