CAST / GAL

Botando unha soneca
Ruliña, 55, Vigo

Tiñamos xantar na carballeira. Facía calor e a soaba a música das gaitas e pandeiretas. Había empanadas, polbo, tortillas, xamón e xerras con viño. Os rapaces corrían dun lado ao outro xogando as agochadas, e os mozos achegábanse ata o río. Andiven na procura da Uxía e vin que ía collida da man do Eloi. Sorrín lembrando cando o meu Antón me bicou por primeira vez alí mesmo, e logo botaramos un baile dos de antes. Creralo ou non, hoxe era un día para xogar ás cartas e falar lonxe da tele, dos teléfonos e as wifis…
Compartir: