CAST / GAL

De volta ao soño
Osgonso, 31, Ourense

Máis alá do mar, soñei. Con verde eterno, agás polo azul e o branco. Cun sendeiro de cunchas, rematado en pedra e catedral.
Máis alá do mar, soñei. Con choiva de mil nomes, mollando regatos que nunca secan. Con canóns sen bala, por ter viñas no seu lugar.
Máis alá do mar, soñei. Coa mesa dos domingos. Con viúvas de roupa escura. Coa miña casiña, meu lar.
Máis alá do mar, soñei. Con volver un día.
De máis alá do mar, un día, volvín.
É un soño fermoso.
Compartir: