He participado en #GadisMicrorrelatos | Microrrelatos Gadis
CAST / GAL

Laura, 34, Padrón

A mañá ule a verde, o sol quenta mainiño. Vestimos as nosas mellores galas mentres que a avoa prepara o caldo na cociña. Preparado a lume cortiño dende a mañá cedo, ten a mesma forza que a poción máxica de Asterix e Obelix. Achegámonos a igrexa, sexas créente ou non, é un evento distinto, ule a incenso e a flores. A procesión queda sen rematar, a volta no campo da festa da comezo a sesión vermú. De volta a casa familiar realizase o reencontro cos primos, cos tíos... o día da festa implica, cargar mente e alma, para seguir loitando.
Compartir: