CAST / GAL

Asexualidade
Antonio Loureda, 29, Miño

E bicouna, e viu nos seus ollos o alumeo dun sentir, esbozou un sorriso que semellaba non ter fin. Ela pousou a man enriba da súa perna e, logo de facer un bis musical co rozar de ámbolos beizos, convidouno a coñecer os seus adentros.
Na mirada dela, lume. No ollar del, medo. Unhas zocas polo aire, nunca polo chan, fuxiron.
Un silencio sostido, dous rapaces desolados, mil preguntas sen resposta, porque falta información.
Compartir: