CAST / GAL

Lembranzas
Mery, 30, Talavera de la Reina

O tempo pasaba paseniño,
como che pasa a vida cando non atopas razóns dabondo
e todos os días semellan iguais.

Esa enerxía,
que antaño fluía dende o seu sorriso,
foise esvaecendo aos poucos
coma as luces do solpor.

O brillo do meu ollar foi mudando
a unha profunda escuridade.
De súpeto, sentinme afogada
polas apertas que quedaron sen dar.

Foi entón cando me decatei:
xamais chegaría a saber se doía máis
o seu esquecemento
ou as miñas lembranzas.
Compartir: