CAST / GAL

Final Feliz
Andreia, 42, Redondela

Finalista

Aquel foi o verán do mellor dos descubrimentos: Despois dun longo, longuísimo inverno as engurras monicreque desapareceron –cun sorriso vacinado– ao quitar a máscara. Era interesantísimo estudar as nosas facianas. E fomos de xuntanza a praia e a fraga, para cheirar o sal da mariña e a terra orballada.

Caeu a demanda das redes sociais. Desfrutabámosnos.
Compartir: