CAST / GAL

Futuro imperfecto
Nones Araújo, 69, Vigo

Saen debaixo da terra cando se apagan as sirenas. Non saben as horas que terá este día. Viven sen data e non fan preguntas. O futuro está á volta da esquina, pero ignoran como chegar a el.
Quedoulles atrás o que xa non existe. Hai quen mira por eles, e escribe nun papel os seus nomes. Alguén canta un arrolo mentres o bebé chora. Outros moitos non din nada.
—Que agochas no peto, nena? —Pregunta un vello que ten fame.
—Os meus SOÑOS: ''que sexa verán cando cheguemos aló e haxa meniños con quen xogar''.
Compartir: