CAST / GAL

Oniria
Serendipia, 37, A Coruña

Ás veces é complicado distinguir entre soño e vixilia, entre realidade e ficción.

Sei que estou esperta cando escoito as voces da xente e son quen de distinguir as cores. Sei que estou durmida cando vexo avanzar cara a min, polo corredor do supermercado, unha caixa de autocobro perseguíndome cunha bolsa de tela na man.

Sei tamén que é un soño cando vexo á miña avoa, que empatou no partido entre a morte e o sono un día de verán, percorrendo o corredor da froitería con cereixas na man e flores saíndolle do peito.
Compartir: