CAST / GAL

Adeus, bágoas
Canis Lupus, 14, Touro

Finalista

As bágoas baixaban polas fazulas da moza e grazas a aquela auga medrou a herba que lle facía cóxegas nos pés espidos. Amodo, camiñou sentindo como a terra se incrustaba entre as dedas. Aquelas polas da árbore do fondo do prado semellaban pingas que se ían polo lagrimal da muller, entón decidiu achegarse. Cada paso que daba era unha pola que avanzaba cara ela, enrolandoa primeiro polos pés descalzos ata a súa gorxa. Así foi como a brisa do vento e os agarimos daquela naturaleza secaron as bagoas da moza para sempre.
Compartir: