CAST / GAL

Onte soñei que soñaba
Jorge F., 15, Teo

Finalista

Xa facía moito que Adela non soñaba. As súas noites pasábaas vendo longas pantallas en negro. Xa chovera dende aquelo e cada vez era máis difícil lembrar cal fora ese último mundo onírico que desbloqueara coa mente.
Non foi ata instantes antes da morte cando se decatou da razón. De pequena non lle deran as ás necesarias para soñar. Os seus pais dicían que os soños eran invencións sen sentido creadas para cobardes que lle teñen medo ao día a día.
Os pais de Adela quitáronlle o único soño que tiña: ter soños como o resto de xente.
Compartir: