CAST / GAL

Saudade de min
Queta Soto, 62, Arteixo

Quedaban aínda no seu corazón encollido pola xenreira os restos das palabras que nunca se dixeran. Daquelas palabras que aínda nunca chegara a sentir porque aínda nunca ninguén as pronunciara. Acaso ía ser para ela, dende ese entón, o silencio a súa única ligazón co seu pasado?
Onde ficarían entón todas aquelas promesas feitas dende o alto da escaleira?
Non. Xa non quedaba tempo para os disimulos. O tempo das mentiras e das medias verdades, remataron o mesmo día no que voltou á aldea. Á súa casa materna. A buscar as súas raices. Co seu corazón encollido, aínda, pola xenreira.
Compartir: