CAST / GAL

Unha moeda para...
Nadia, 16, A Coruña

Xan chegou, finalmente, ao pozo.

“Unha moeda para que mamá abra os ollos despois da paliza daquel monstro”.

“Unha moeda para que papá escape da barriga do monstro e volva con nós”.

“Unha moeda para que Eli -a súa irmá- non tinga outra vez os brazos de vermello”. Porque cada vez que o facía aparecían marcas que antes non estaban alí. E iso a Xan non lle gustaba.

“Unha moeda para seguir crendo no poder dos soños”.

Ao rematar, o neno comezou a chorar ao pensar nos desexos que de agora en diante non se poderían cumprir.

Quedara sen moedas.
Compartir: