Un soño en espello
María José, 51, A Coruña

Icía entrou nerviosa no vagón que, sorprendentemente, estaba ocupado só por unha nena pequena.
A rapaza achegouse a ela e deuse conta dun minúsculo detalle. A rapaciña era ela. Nese momento, a pequena sorriu facendo que Icía mirase pola ventá. Golfiños, corais, peixes... Estaban baixo a auga.
-Mamá e papá están fartos de verte así- dixo a neniña mentres lle entregaba un colar a Icía.
De súpeto, as ventás romperon e a auga inundou o vagón. Icía sentía que afogaba ata que viu que estaba na súa cama.
Todo fora un soño, pero un novo colar colgaba do seu pescozo.