CAST / GAL

Soñei que estabas
Endi Clau, 25, Santiago de Compostela

Estaba nadando, coas meixelas repletas de aire, e o fondo mariño mirándome dende os seus ollos. Unha medusa flotaba ao meu carón, mais non tiña medo. Estiraba a man para tocala, pero desaparecía e estaba no ceo, co mesmo ton de azul, voando sen ás. A gravidade facíame cóxegas na gorxa, había un nó que se apertaba ás miñas cordas vocais, coma se fosen unha esponxa. Tragaba saliva e miraba. Había unha man engurrada collida da miña, uns ollos azuis cansados, e unha voz suave que dicía: “todo vai ir ben, segue soñando”.
Compartir: