CAST / GAL

El
Samuel, 18, Cospeito, Lugo

O meniño soña.
Luns: soña en azul cobalto. El ten os ollos azul cobalto.
Martes: os soños saben a fresas con nata. O seu pelo é branco, a cara colorada.
Mércores: ole o soño a mimosas en abril. El cheira a mimosas mortas.
Xoves: soños rugosos como un carballo. El ten a pel engurrada.
Venres: soña con cancións infantís. El nunca lle cantaba, solo berraba.
Sábado: soña que o ve, que aínda o ve. Sempre o ve.
Domingo: como el veu hoxe o meniño non pode durmir, non pode soñar.
Compartir: