CAST / GAL

Nais
Mª Josefa Souto, 43, Vilagarcía de Arousa

Pensei que unha nai se preocupaba polos seus fillos hasta que se independizaran.
Non estaba no certo. Non importa que un fillo teña tres, vinte ou corenta anos. Descubrín que unha nai se preocupa polos fillos desde o intre en que se convirte en tal (en moitos casos diría que antes) hasta que a súa propia morte llo impide.
Descubrín, que unha nai detecta o estado de ánimo dos seus fillos onde queira que se atopen. De nada serve que te vexa rir ou lle digas por teléfono que estás moi ben. Se non o estás, ela sábeo.
Son nais.
Compartir: