CAST / GAL

A RUDA
Mª Josefa Souto, 43, Vilagarcía de Arousa

Cando visitaba a miña tía, ela sempre me facía cheirar unha pranta. Parecíalle divertido verme liscar dalí polo mal cheiro que desprendía. Sempre pensei que a tiña alí só para facerme rabiar.
Co paso do tempo, fun descubrindo algunhas propiedades desa fedorenta pranta, como que ten un efecto relaxante ou que tonifica as arterias.
Algunhas veciñas dicían que protexía contra as envexas, pero miña tía dicía que se alguén nos envexaba, o problema tíñao esa persoa e non nós.
Eu aborrecía a ruda. Aínda así, rematei prantándoa cando miña tía morreu. O seu cheiro, facíame rememorar vivencias con ela.
Compartir: