CAST / GAL

Desarraigamento
Maicol, 22, A Coruña

Ela non imaxinaba que ía ser tan difícil partir mais alí estaba ela, diante da embarcación que a afastaría da súa terra e do que coñecera até agora. A impoñente embarcación levantou áncora e apreixouna no seu interior. Mentres procuraba o cubículo que sería a súa casa durante a longa viaxe sen retorno, un sentimento lacerante azoutouna. Foi o que sentiron tódolos que houberon partir. Nese instante decatouse da dor dos que foron cama ela, dos que son e dos que serán, dese dasarraigamento forzado; na procura dun lugar mellor, dunha vida mellor, de traballo ou talvez dun soño inexistente.
Compartir: