CAST / GAL

Anacos dunha ilusión
Diana Gargom, 24, Cambre

Boca seca, pulso acelerado, intranquilidade, sensación de inmovilidade, calor...
Faláronme o outro día da parálise do soño...Que me está a pasar? Non paro de pospoñer a alarma e parala. Sucesivamente. Frenéticamente. Penso nunha videochamada que non sei se pasou ou non, hai soños tan cotiás que parecen reais.

A avoa está aí, nerviosa, incómoda...chorando en silencio e eu non podo achegarme. Non podo abrazala e dicirlle que todo irá ben, que agora xa non se lle pode facer nada.
Que está en paz despois de tanto sufrimento e que nos lle demos todo o agarimo que puidemos.
Compartir: