CAST / GAL

Auga
Rita, 35, Lugar de penedo, 6

Sécome a cara, mollada polas pingas que a auga da fervenza repartiu no vento quente desta tarde de verán. Vou recobrando o sentido, vendo a cara de cansanzo de Manuel, que me avisa así de que o descanso rematou. Tira ao lixo a botella coa que me refrescou a faciana segundos antes. A miña fervenza directa á reciclaxe. Hora de voltar ao monte coa brigada. Fin do soño. Inicio do pesadelo.
Compartir: