CAST / GAL

Soños nos universos descartados
Rosalía, 15, Lugo

O brillo é lineal e nace no ollo, epicentro da negrura. Máis alá desta vía debuxada, a realidade construída por cada decisión, está o espazo das ausencias: potencias de ser reducidas a opcións descartadas. Na noite, as pálpebras adormecen, o camiño esvae. Entón, as estrelas aloumiñan cada un dos mundos que non foron. Na danza simultánea de tempos e de espazos, a figura onírica desprázase polo evento desexado, polo medo… E morre entre a asfixia do anhelo, e ri entre as apertas do terror. E cando esperta abre os ollos, érguese e regresa ao soño monocorde do real.
Compartir: