CAST / GAL

Chamarase sempre Música
foncar, 69, Vigo, Pontevedra

A miña nena chámase Música. Acordaba co fiu fiu da cafeteira na cociña; camiño da escola o ris ris da bicicleta acompasaba o chiou chiou dos paxariños.

QUE FERMOSO O MURMURIO DA VIDA!

Mais cando a desbordaba a felicidade era cando apoiaba a pequena cabeciña na almofada, os seus fermosos olliños pechaban o telón deste mundo e entraban no mundo dos acordes musicais que envolvían o seu corpiño...
e danzaba,
e voaba, escorregando pola fiestra,
e saía da aldea,
e percorría o mundo,
e coas ás da música rozaba as estrelas e compartía o sorriso da lúa.
Compartir: