CAST / GAL

O meu soño asolagado
Leo, 26, Ferrol

Eu soñei cousa pequena, soñei cos luscofuscos daquel verán, con escoitar o canto dos chascos, ulir o aroma a salitre e tumbarme entre as herbas de namorar. Soñei cun dos teus bicos. De súpeto, todo ese mundo soñado esvareceuse no ar. Tinguíuse de preto, todo canto coñecía e amaba perdeuse nos confíns da miña propia mente. Adeus aos beixos, ás flores, ós paxaros. O soño reducíuse á morte, que o asolagaba todo. Recordei á avoa, falecida hai uns meses. Espertei, só era un pesadelo, un soño deturpado. A morte seguirá presente, pois dende aquela os meus soños ficarán asolagados.
Compartir: