CAST / GAL

Soñeite
Arcadio Mallo, 38, A Laracha, A Coruña

Soñeite fermosa, doce e de sorriso engaiolante. Soñeite expresiva, alegre e tenaz. De caricias eternas que me levaran a un universo infinito, pero soamente noso. Soñeite espertando canda min cada amencer, pola eternidade dos días. Soñeite chorando penas que me esforzaba en consolar. Soñeite triste, mentres me inmolaba en facerte sorrir. Soñeite agotada coa seguridade de que tiñas aquí a miña man. Soñeite indecisa mentres che susurraba palabras de ánimo. Soñeite ó meu lado... pero sobre todo, soñeite feliz. Quen dixo que os soños non se fan realidade?
Compartir: