CAST / GAL

Meu ben
Ana, 42, A Coruña

O teu riso, os teus beizos, o teu cheiro, as bágoas, as miñas, as túas, cómo me miras, pensando que todo o sei, que todo o podo, e eu que me agocho finxindo cú cú e tremendo de medo, de medo polo que non sei, e ainda máis polo que sí sei, polo que virá, polo que "farei polo teu ben" , polo que non poderei facer, por tanto que errarei e porque non é posible quererte máis... Descubrirme cada día no teu ollar pequeno.
Compartir: