Non o sabía
Landra, 20, Vigo

Abriu os ollos. A claridade do amencer comezaba a invadir a estancia, abríndose paso a través das persianas mal fechadas e enchendo todo dunha luz dourada. A habitación semellaba enfeitizada.
El aínda durmía. Mentres observaba detidamente as súas faccións, mentres pensaba en cada casualidade que os guiara ata aquela situación, mentres sentía que se lle enchía o peito de maxia, tivo unha súbita revelación. Aquilo era un soño.
O amor. Vivía no soño que non sabía que anhelaba.