CAST / GAL

A violencia e a Concordia
Pepe de Pura, 30, Betanzos, A Coruña

Luís XVI entraba na Plaza da Revolución e non podía escoitar nada con tanto berro. Non eran tambores...
Luís XVI subía ao lugar onde esperaba a impávida guillotina e seguía sen poder escoitar nada. Era o seu peito...
Luis XVI perdía a cabeza e non escoitaría nada máis. Sen rei onde pousar a coroa, a Revolución estaba realizada e as voces calaron de súpeto, realmente incrédulas.
Entón, púidose escoitar a violenta pregunta dunha nena entre o público: “E agora, que?”. E o griterío non tardou en censurar tan oportuna cuestión temendo que o soño tornase en pesadelo.
Compartir: