CAST / GAL

OUTRAS GALAXIAS
A.F. Nieves, 45, Corcubión

Crhis mais EU somos xemelgos
Críamonos en terras alleas,
nembargantes atados por unha liña imaxinaria.
Camiñamos da man, dende a súa volta o estado de sitio, arrecendendo o unísono.

Pelexamos trifulcas distintas e diarias, alentando cada sorriso, achegando unha aperta que nos garde na calma, regras que impuxemos coa marea, intentando recoller os tesouros de vidas pasadas.

Non concebía que existieran xemelgos nesta galaxia, cheguei a cavilar, que todo aquilo, do afecto era unha utopía, algo que non acontece as sereas varadas na praia.

Pero basta que os miolos digan que NON, para que corazón latente quería un sí.
Compartir: