CAST / GAL

Soño premonitor
MMaceirasS, 17, Pontevedra

Facía moito frío. O outono deixara a madeira tan húmida que, ao prender a lareira, só obtíñamos un fume temperá. A comida era unha auga con anacos de hortalizas que pouco se asemellaba a unha sopa... Antes de que a culler chegase á miña boca espertei.
Cavilei na fermosura de aquel soño mentres poñía o traxe protector: un mundo con estacións, con frío, con árbores, auga e vexetais. Quitei a idea da cabeza antes de saír ao árido exterior, porque aquelas cousas pertencían ao pasado. Son vestixios de cando a miña realidade era só un pesadelo futuro.
Compartir: