CAST / GAL

Recunchos
Avelaíña, 36, Laxe

-E ti? Tes algún soño?
-Quen? Eu?
-Claro! Teñas o soño que teñas, ti pide... porque Galicia... é máxica.
Nunca crin moito na maxia, pero díxoo con tanta convicción que me vin na obriga de improvisar unha resposta que estivese á altura.
-Volver a Galicia.
-Volverás.
E isto díxoo con máis convicción aínda.
Pensei que todo era demasiado fermoso para ser real, que tiña que ser un soño.
Soñei miles de escenarios posibles nos que non tiña suficientes vidas para percorrer todos e cada un dos seus recunchos.
Espertei e souben que me namorara... porque Galicia... é máxica.
Compartir: