CAST / GAL

Cuaderno de bitácora
Matalobos, 62, Lugo

María era cega de nacemento.
Cega, si... máis a claridade da súa mente ilucidaba cada día coa descoberta de pequenas cousas que daban sentido á súa vida: o doce sabor do chuchamel, o veludo lombo do seu gato, o murmurio dos regatos, o arrecendo das mimosas, as carballeiras, o canto dos miñatos, o voo das bolboretas, o son da gaita nas romaxes, os seráns no colo da ría, as cruces de pedra que persignan o día.
Esta mañá María foise. Puxo rumbo cara a un novo horizonte onde continuar escribindo o diario sentimental do seu caderno de bitácora.
Compartir: