CAST / GAL

Canas
Nani, 44, Becerreá, Lugo

Espertei co "bipbip" da alarma do reloxo, calzei as zapatillas e fun ó baño, aínda medio durmida. Abrín a billa da auga e metín as mans para lavar a cara, notei a auga xeada espantando o sono, e cando abrín os ollos diante de espello, quedei abraiada. A metade da miña cabeza tiña o pelo completamente cano, non gris, se non completamente branco! Volvín lavar a cara por se aínda estaba soñando, pero non... Ducheime e vestinme e decidín levar a miña longa nova melena solta. Menos mal que non foi un soño!
Compartir: