CAST / GAL

Catódicos
Euloxio Fernández, 57, Rábade. Lugo

Dúrmome en calquera parte, preferentemente no sofá, tras ser inducido ao soño por un bombardeo de electricidade estática e raios catódicos.
Esperto tamén en calquera parte: na rúa, encima dunha árbore, na beira dun río…
Algunha vez espertei nunha avenida infestada de coches; sobrevivín de milagre. Mesmo cheguei a espertar no medio dun cemiterio, vaia susto!
Cando me sobrevén algún destes episodios, volver a casa resulta custoso e estraño. Por sorte, sempre hai alguén que me axuda.
O que máis me amola do meu sonambulismo, é espertar pegado ao teito. Nada máis abrir os ollos, caio.
Compartir: