CAST / GAL

Unha mañanciña
Esperan Zita, 35, Negreira, A Coruña

Tempo longo lamentei non terche dito -en vida- o moito que te quería. O meu referente a seguir, miña guía. Nin só! Fixéchesme sentir inmensamente amada, sabiamente querida, empoderada. Raíces e ás. Preparándome para o futuro.
Roíame. Remoía sen parar: “saberíao?”. Decote cavilando: “por que non llo diría?”.
Unha mañanciña, sentinme envolta nunha intensa enerxía luminosa. Adurmiñaba coa cabeza sobre as túas pernas miúdas. Ti aloumiñábasme os cabelos e a face, lenta e agarimosamente. “Quérote e sempre souben que ti tamén me querías” -dixéchesme. Chorei.
E máis que chorei cando espertei dese marabilloso soño.
Compartir: