CAST / GAL

A virxinidade da vida
Berto, 48, Silleda, Pontevedra

Non, non quero ceros na conta bancaria, nin poder para dirixir vidas alleas. Quero paz, quero amores imposibles, pasados cheos de morriña, terras cheas vida, praias cristalinas, quero ríos limpos, quero sinceridade.
Soño coa riqueza da vida, ese regalo tan grande que tan pouco apreciamos pola ambición de tanta xente...
Regálame un sorriso, unha mirada, un xesto, unha foto no monte, ou dunha comida chea de xente cómplice, dame saudade do que sempre nos fai feliz.
Invítovos a soñar, a valorar o que temos, a ser sinxelos e coidar aquelo que tanto amamos.
Soña, vive, ama e comparte.
Compartir: