CAST / GAL

Manterte vivo
María Josefa Souto, 44, Caldas de Reis

Soño que volves á vida. Aí estás, rindo e bailando sen ritmo coa túa pequecha. A ela dálle igual que os pasos de baile non vaian en concordancia coa música. Ela é ditosa porque está bailando co seu pai. A ledicia invade a todos os presentes, en especial a min, que vos miro e me contaxio desa alegría que me alumea a alma.
De súpeto, esperto. A pequecha durme. Ti non estás nin vas voltar. A ledicia torna pesar. Mais recoñezo, que verte de cando en vez, aínda que sexa en soños, compráceme.
Outra historia que contarlle cando esperte...
Compartir: