CAST / GAL

Un soño verde
Ajenjo, 27, Santiago de Compostela, A Coruña

Mirei ao ceo, case de cor laranxa. Corría un vento moi suave, que facía que as follas dos carballos e castiñeiros ao meu redor bailasen ao seu compás. Escoitábase o rumor da auga baixando en forma de río pequeniño porriba dunhas pedras que lle marcaban o camiño. A herba baixo as miñas pernas, miñas costas, miñas mans... estaba fresca e moi suave. Pechei os ollos por un segundo, pensando ''este foi un soño realmente precioso''. Pero cando os abrín, todo seguía no mesmo lugar. Tiven a sensación de que a vida aquí é un soño.
Compartir: