CAST / GAL

QUERER DESCUBRIR
AASAEM, 67, Moaña

Un día calquera vin pasar un autobús pola miña rúa. Eu contaba con 4-5 anos.
O autobús viña de algún outro sitio. Fíxome pensar...Descubrín que eu non vivía soa coa miña familia, na miña casa, na miña rúa, na miña aldea... había crianzas de outros pobos.... Tamén terían familia, pais, avós... De súpito sorprendinme...existían outros lugares con neno-as por coñecer
Antoxóuseme coñecelos...tiña que miralos, saber como falaban, se tiñan nome, se tamén ían a escola... Corrín e corrín trás o autobús berrando: Esperade, esperade... pero non me oian, so rian tras o cristal.
Sentín rodar as bágoas polas miñas meixelas
Compartir: