CAST / GAL

Catro segundos
Dova, 21, Chantada

Finalista

Dende entón, só te atopo alí, nos catro segundos antes de despertar.

Disme que acougue, que a profe está a mirar. Porén, ao abrir os ollos, só vexo que non estás. Volvo a durmir e búscote entre fadas, trasnos, xacias, dragóns e bruxos (aos que che gustaba tanto xogar). E a túa voz volve a dicirme que abra os ollos, que a profe está a mirar.

Pero non estás ti. Está unha enfermeira cun medicamento que en catro segundos vaime facer soñar. Así que volvo durmir e búscote entre fadas, trasnos, xacias...
Compartir: