A escrita ignota
asee, 68, Moaña
Vou encamiñada a rechear unha páxina branca, virxinal. Pacientemente espera por ver que ideas plasmo. De principio abrállame descubrir a brancura impoluta do papel.
Sei que será o inicio de letras perseguindo e xogando unhas con outras: a P, busca a A, a A, persigue a Z...
Xorden palabras enlazadas. Palabras e letras unidas en ideas, pensamentos... a ambigüedade tamén fai acto de presenza.
As palabras asoman tímidas, pero tamén fortes e poderosas. Expresan o inexpresable, narran o que ata hoxe foi surrealista e mergúllanse nun mundo ignoto para elas.
É o inicio de unha historia que nunca será contada.