He participado en #GadisMicrorrelatos | Microrrelatos Gadis
CAST / GAL

Carla, 25, Sarria

Finalista

Algún día, cando todo isto pase, volverémonos ver. Mentres tanto, todo irá ben, estou segura. Confía en min, es forte, somos fortes. Non teñas medo polo que deixas atrás. Como dicía o poeta “todo pasa e todo queda” e iso quedará en nós, de feito xa é parte de nós, non? E nós somos parte del. Cando nos volvamos encontrar botaremos a vista atrás e darémonos conta de que todo foi como debía ser e que a pesares das dúbidas, mereceu a pena. A cuestión a fin de contas é deixarse levar.
Compartir: