CAST / GAL

Tempos conxugados
Julio, 56, Caldelas de Tui

Naqueles afastados días da súa infancia ela dicía soñar en pretérito perfecto, mentres el facíao en subxuntivo, abrindo posibilidades nunca pechadas por límites impostos. Na súa mocidade os seus soños conxugáronse en futuro simple: vivir e non só existir. Tempos posteriores fixéronlles soñar soños en presente poboados de nebulosas presenzas xa inexistentes. A fantasía da realidade apoderouse da realidade dos seus soños en imperativo: partide sombras cara ao finito atardecer.
Compartir: