He participado en #GadisMicrorrelatos | Microrrelatos Gadis
CAST / GAL

Lorena, 26, Verín

Finalista

Levaba un bo anaco de tempo observándoa.

Alí parada, cos reflexos do atardecer debuxando caricias sobre a súa pel.

Acostumaba bisbarme: "Busca a beleza colateral, está oculta".
Pero non ten nin idea, aínda non lle dixen que non buscaba, pero que apareceu. Atopeina.

A beleza colateral, digo.
Disque se fartou de xogar ás escondidas.

Ou que quizais eu, contando en voz alta cos ollos pechados contra aquela árbore, non seguía o ritmo. Pode que parase antes de tempo. Ou despois. Supoño que no intre xusto para abrir os ollos e vela esconderse.

Entón virouse, sorrindo.
-Escalofrío-
Aquel sorriso, outra vez.
Compartir: