CAST / GAL

Ansiada liberdade
Yolanda, 61, Caldelas de Tui

Feminina liberdade soñada en días de choiva. Quérome mover e non podo; desexo saltar e algo me retén; suores frías percórrenme o corpo e desespérome. Avanzo sen avanzar no pesadelo que non me deixa escapar, que detén o meu anhelo, ata que esperto e observo esoutra realidade, a que esposa as miñas mans, ata a miña alma, suxeita a miña condición humana.
Compartir: