CAST / GAL

Un feble fío
Mohr, 45, A Coruña

Un día pasa detrás do outro como unha fíada de formigas que levan ás costas o peso da fame.

Do que pasou ata o que está por vir, un fío feble como a seda dunha arañeira no fondo escuro dunha corte fedorenta, feito de soños e lembranzas mesturadas en recunchos fechados dos que xa non teño a chave.

Teño que valerme dese fío para non perder o camiño, aínda que escorregue nas pedras e prenda nas polas, aínda que todo o que saiba sexan as formas lixeiras dos soños que xa non lembro ou os aloumiños que xa non teño.
Compartir: