A pingueira
Andrés GM, 53, Arcade
Finalista
Con ilusión pensei arranxar aquela vella casa herdada. Pouco podía eu imaxinar cal era o meu principal inimigo. Unha pingueira. Unhas gotas que discorren pola parede de pedras. Unhas gotas que ninguén sabe de onde saen. Unhas gotas que se converten en humidade, que atravesan o ladrillo e encharcan na vella baldosa do chan. Xa estaba farto de buscar a orixe, e tentado a usar un “martillón” para desfacer todo, cando imaxinei unhas pedras fixadas ao chan, formando unha improvisada xardineira, chea de terra e de plantas que beben da miña pingueira. Era un xardín interior. Mañá póñome coa cociña.